Garzón: "Os caprichitos ás grandes fortunas custaron 8.000 millóns"

Alberto Garzón
photo_camera Alberto Garzón

O líder de IU, Alberto Garzón, acusou este mércores ao presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, de "torturar" as estatísticas para acabar dicindo que hai recuperación económica e recordoulle que os "caprichiños" ás grandes fortunas custaron 8.000 millóns de euros.

Na segunda xornada do debate de investidura, Garzón responsabilizou a Rajoy de representar a organización "corrupta" que gobernou este país nos últimos cinco anos e asegurou que a súa política económica foi un éxito para "os privilexiados e para os que parasitan o público continuamente".

O líder de IU acusou a Rajoy de impulsar políticas "cómplices con Merkel, a UE e o capital financeiro", que trouxeron beneficios ás grandes empresas. Garzón engadiu que a recuperación económica do PP trouxo "precariedade, miseria e desigualdade" e onde antes había un contrato indefinido de 1.400 euros, agora hai dous contratos temporais de 700 euros.

O responsable de IU tamén comentou que onde antes había dereitos laborais, "agora hai un deserto e millóns de horas extraordinarias sen cobrar. Iso é o que chamou recuperación económica".

Garzón acusou a Rajoy de mentir e de traer ao debate do Congreso "apoloxía" de políticas neoliberais, de recortes sociais e de consolidación fiscal, "que é o eufemismo". O líder de IU tamén lamentou as privatizacións e avanzou que a última (a de Aena) custou 5.000 millóns de euros.

Comentarios