viernes. 27.11.2020 |
El tiempo
viernes. 27.11.2020
El tiempo

Achado o cadáver dun veciño de Vedra

O corpo foi localizado na entreplanta dunha vivenda

Os membros do Grupo de Urxencias Supramunicipais (GES) da Estrada rescataron este venres en Vedra o cadáver dun home que levaba días en paradoiro descoñecido, informou este sábado o 112.

Os efectivos de urxencias colaboraron cos axentes da Garda Civil na recuperación do corpo que foi localizado na entreplanta dunha vivenda situada no concello.

Todo parece indicar que a morte foi por causas naturais. 

Achado o cadáver dun veciño de Vedra
comentarios