Achan unha escultura centenaria nas obras da catedral de Santiago

A peza, que foi bautizada como 'Figura masculina mutilada' atopábase servindo como material de obra nun muro da parte baixa da torre sur do templo
Román Rodríguez y Daniel Lorenzo, durante la presentación de la 'Figura masculina mutilada' hallada en la catedral
photo_camera Román Rodríguez y Daniel Lorenzo, durante la presentación de la 'Figura masculina mutilada' hallada en la catedral

O equipo de restauración que actualmente está a traballar nas obras da catedral de Santiago atopou unha escultura centenaria durante a realización dos seus traballos e este xoves presentouna ao público. Nesta presentación participaron, ademais do director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, distintos representantes da Xunta, encabezados polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

A peza, que foi bautizada como Figura masculina mutilada, dado que se atopa severamente deteriorada, trátase dun fragmento dunha escultura granítica que se atopaba servindo como material de obra nun muro da parte baixa da torre sur da catedral, comunmente coñecida como Torre das Campás. Os traballos arqueolóxicos levados a cabo neste lugar para a retirada da estatua columna do Mestre Mateo, que previamente fora localizada alí, provocaron que, durante a apertura dun muro, se localizase esta segunda peza encaixada na parede o pasado día 10 de novembro de 2016.

Desde entón ata este xoves, a Figura masculina mutilada foi custodiada pola Fundación Catedral, que a restaurou parcialmente e postergou a súa presentación en público ata o día de hoxe, no marco do programa "Descubrindo a catedral", que xunta todas as accións de estudo, divulgación e comunicación relacionadas co patrimonio da catedral compostelá.

Figura masculina mutilada puido ser utilizada como material de obra entre os séculos XVI e XVII



A obra presentada é atribuída ao artista ou taller coñecido como Mestre dos Panos Mollados, un autor coetáneo do coñecido Mestre Mateo do que apenas se ten datos sobre a súa identidade e do que se conservan tres obras máis no museo catedralicio, así como constatouse a súa presenza na cripta do Pórtico da Gloria, onde se lle adxudica a autoría da Clave da Lúa.

A Figura masculina mutilada é propia dun estilo artístico devoto do clasicismo grecorromano e viviu o seu apoxeo en Santiago de Compostela no último terzo do século XII, en momentos anteriores á consolidación do Mestre Mateo e o seu magnífico proxecto artístico na Catedral de Santiago. Claramente influenciada pola arte borgoñés da mesma época, que chegaría a Compostela a través do Camiño de Santiago, a escultura presentada foi creada utilizando a tradicional técnica dos panos mollados e presenta similitudes con todas as obras do mestre do mesmo nome, aínda que con certas variacións que poderían indicar que existen varios autores baixo esta denominación ou que o mesmo se adaptaría aos requirimentos de cada creación.

O propio director técnico do museo da catedral, Ramón Yzquierdo, comentou que é posible que esta obra formase parte dun conxunto xunto á escultura de María que hoxe se exhibe na parte superior da fachada sur do conxunto catedralicio, na Praza de Praterías. Yzquierdo tamén explicou de que usar pezas artísticas antigas como material de obra "era o habitual" en séculos anteriores e que, posiblemente, a Figura masculina mutilada vivise este destino entre os séculos XVI e XVII. Así mesmo, tamén asegurou que é moi probable que haxa máis obras como esta soterradas nas inmediacións da Catedral de Santiago, aínda que agregou que "non se pode destruír o que hai para buscar algo que non sabemos se está".

O presidente da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, respondeu que a razón do atraso na presentación da peza foi non darlle un papel menor ao da estatua columna do Mestre Mateo achada días antes, polo que se atrasou uns meses. Figura masculina mutilada estará exposta na Sala dos Gramáticos do Pazo de Xelmírez ata o próximo 11 de setembro, día no que partirá cara a Madrid para ser unha peza crave da exposición O poder do pasado: 150 anos de arqueoloxía en España, que celebra o 150 aniversario do Museo Arqueolóxico Nacional, lugar onde permanecerá ata marzo de 2018.

Ao seu regreso formará parte da colección permanente do Museo Catedral de Santiago.

Comentarios