Feridas tres persoas nun accidente no Porriño

A colisión tivo lugar na N-550. Na mesma estrada unha saída de vía deixou dúas horas despois outro lesionado ao seu paso por Teo

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada durante a noite do mércores na localidade pontevedresa do Porriño saldouse con tres persoas feridas, aínda que o seu estado non reviste gravidade. O sinistro tivo lugar nunha intersección da N-550 na parroquia de Atios, sobre as 23.00 horas, segundo a información facilitada polo CAE-112 Galicia.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros de Baixo Miño, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061, que trasladou aos tres feridos a un centro sanitario.

Por outra banda, unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mesma estrada, a N-550, ao seu paso pola localidade coruñesa de Teo. O sinistro ocorreu sobre a unha da madrugada na parroquia de Calo, na curva das Galanas. O vehículo saíuse da vía e deu varias voltas de campá. 

Comentarios