Ferido o condutor dun turismo tras chocar con outro coche en Malpica

O condutor dun turismo sufriu este venres feridas leves a pesar de chocar frontalmente contra outro coche na localidade coruñesa de Malpica, segundo informa Urxencias 112.


O accidente ocorreu sobre as seis e media desta tarde na estrada AC-414 e, debido ao impacto, a vítima quedou atrapada no interior do seu coche, aínda que consciente.

Urxencias Médicas desprazouse ao lugar do sinistro para evacuar ao ferido, así como os bombeiros de Carballo.

Ademais, en Betanzos, tres persoas sufriron lesións de carácter leve despois de que un coche saísese da vía e chocase contra un muro na estrada AC-542, en Gulliade.

Comentarios