Ferido un ciclista ao ser atropelado por un coche en Meira

O accidente rexistrouse sobre as 12.50 horas na LU-571, a estrada que conecta este municipio con Ribeira de Piquín
Lugar del accidente
photo_camera Lugar del accidente

Un ciclista resultou ferido en Meira ao ser atropelado cando circulaba pola LU-751, a estrada que conecta este municipio con Ribeira de Piquín. 


Segundo informou o CIAE 112, un particular informou de que o accidente tivo lugar ás 12.50 horas e de que o deportista permanecía tendido na calzada.

Con estes datos, o persoal do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilalba e ao GES da Pontenova. Tamén se informou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

O ciclista foi evacuado nunha ambulancia ao Hospital Lucus Augusti.

Comentarios