lunes. 02.08.2021 |
El tiempo
lunes. 02.08.2021
El tiempo

Interceptan en Ordes a un condutor a máis de 130 por unha vía limitada a 50

O mozo, veciño de Cerceda e de 18 anos, deu positivo na proba de alcoholemia

A Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña interceptou, ás sete da mañá do domingo, á altura do quilómetro 31,2 da N-550 (A Coruña-Tui), a un condutor de 18 anos circulando a 139 quilómetros por hora nunha vía limitada a 50 quilómetros. Ademais, deu positivo na proba de alcoholemia.

Segundo informa, o condutor foi interceptado durante o desenvolvemento dun dispositivo de velocidade alcol e drogas na localidade de Ordes. Alí, detectou un vehículo Citroën Saxo circulando a 139 quilómetros por hora en sentido A Coruña, pola travesía da localidade de Leira, limitada a 50 quilómetros por hora.

Ao condutor, veciño de Cerceda, de 18 anos "e xa que logo condutor novel", subliña a Benemérita, realizáronselle as correspondentes probas de alcol e drogas arroxando unha taxa positiva de alcol en aire de 0,45 miligramos por litro, e negativa na de drogas.

DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA. Agora, investígaselle por un delito contra a seguridade viaria "que está castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días", recorda a Garda Civil.

"E, en calquera caso, coa de privación do dereito a conducir vehículos a motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos", engade.

Interceptan en Ordes a un condutor a máis de 130 por unha vía...
comentarios
ç