Morre aos 26 anos a campioa do mundo de boxeo Angelique Duchemin

O púxil francesa sufriu un infarto mentres adestraba
Angelique Duchemin
photo_camera Angelique Duchemin

O púxil francesa Angelique Duchemin, que se proclamou campioa do mundo de peso pluma en maio e de Europa en 2015, morreu este martes aos 26 anos nun hospital de Perpiñán (Francia) tras sufrir un infarto mentres adestraba aínda que aínda non se coñece a causa da súa morte.

A boxeadora foi traslada ao centro hospitalario tras sufrir un infarto este luns mentres adestraba no club de Thuir (Francia) e un día despois certificouse a súa morte, informaron fontes do comité de boxeo da rexión gala.

A autopsia ao cadáver de Duchemin, que se lle practicará nas próximas horas, determinará as causas da súa morte, engadiu a fonte.

Comentarios