A galega 'Dhogs', mellor longametraxe no Festival de Cine de Split

O filme, rodado en galego, é a ópera prima do meirense Andrés Goteira e conta cun gran elenco de figuras do audiovosual da comunidade
Carlos Blanco y Antonio Durán 'Morris', en una escena de la película
photo_camera Carlos Blanco y Antonio Durán 'Morris', en una escena de la película

A película galega Dhogs gañou o premio na categoría de Mellor Longametraxe na vixésimo segunda edición do Festival de Cine de Split (Croacia), celebrado esta fin de semana.

O filme é a ópera prima de Andrés Goteira, natural do municipio lucense de Meira, que corre a cargo tanto da súa dirección como do seu guión e conta na súa repartición cun gran elenco de figuras do audiovisual de Galicia como Antonio Durán Morris, Melania Cruz, Iván Marcos, Carlos Blanco e Miguel de Lira, entre outros.

Dhogs é unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e foi filmada en varias localidades de Galicia como A Coruña, Viveiro e As Pontes, así como no deserto de Tabernas, en Almería.

A longametraxe, rodado en galego, conta a historia de varios personaxes peculiares (un taxista, unha bela muller ou un exmilitar) que ven entrecruzadas as súas vidas.

Dhogs, estreada a finais de abril no Festival Internacional de Cine Independente de Buenos Aires, converteuse este verán na primeira película en lingua galega en participar na sección oficial do Festival de Cine de Sitges.

Comentarios