A parella que golpeou a unha anciá cunha pedra recoñece os feitos

Unha parella acusada de deixar inconsciente a unha anciá de Salvaterra do Miño (Pontevedra) golpeándoa na cabeza polo menos cinco veces cunha pedra de grandes dimensións para poder roubar na súa vivenda, recoñeceu os feitos durante o xuízo celebrado este xoves na Audiencia Provincial, pero asegura que non tiñan intención de matala.

Custodiados pola Garda Civil desde prisión, cada un nun coche patrulla, os acusados, Juan Jesús B.M. e Elena S., chegaron ata a Sección Segunda da Audiencia pontevedresa esposados.

Durante o xuízo ambos confesaron que na mañá do 22 de xaneiro de 2011 foron á vivenda da muller, na parroquia de Meder, con intención de roubar. Segundo comentaron, coñecían á señora con anterioridade, xa que a filla do acusado e a neta da vítima son amigas, polo tanto sabían que a anciá ten dificultades para camiñar e graves problemas de visión.

Tras recoñecer o roubo, Juan Jesús B.M., natural de Pontevedra, e Elena S., de nacionalidade romanesa, negaron que tivesen intención de matar á septuaxenaria.

A acusada asegurou que se puxo moi nerviosa e relatou que do primeiro golpe a muller caeu pero aínda a golpeou dúas ó tres veces. Unha vez no chan e ante o sangue que manaba da súa cabeza púxolle unha toalla tapando as feridas. Os agresores fuxiron co botín deixando á muller tirada no chan.

A defensa do outro procesado Juan Jesús B.M., desmárcase do ataque acometido por Elena S., afirmando que se sorprendeu da reacción da súa parella.

Comentarios