A Plataforma contra a subida do IBI anuncia que seguirá mobilizándose

Calvo expuso las demandas del colectivo que representa acompañada de varios de sus miembros. f.s.
photo_camera Calvo expuso las demandas del colectivo que representa acompañada de varios de sus miembros. f.s.

VILAGARCÍA. A resposta dos cidadáns de Vilagarcía na manifestación celebrada o 13 de decembro de 2013, cifrada polos seus convocantes en 3.000 persoas, non quedará nun apuntamento estatístico. Onte, os promotores da Plataforma contra a subida do IBI anunciaron que renovarán as mobilizacións para forzar ao Concello a atender as súas esixencias.

O seu portavoz, María Jesús Calvo, sostivo que a demanda principal é a mesma que os levou a organizarse, e non é outra que obrigar ao Goberno local a que solicite ao Ministerio de Facenda a elaboración dunha nova táboa de valores do patrimonio inmobiliario do municipio, coa finalidade de que se axuste ao seu prezo real, que sufriu unha sensible redución por mor da crise económica.

Revisión

Calvo argumentou que este trámite é factible en calquera momento, pero máis no actual porque o Concello atópase inmerso na revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Axustar o valor oficial dos inmobles ao real suporía unha notable redución dos impostos que teñen que abonar os seus propietarios, agregou. «El mercado inmobiliario está a la baja y nos parece muy grave lo que está pasando», dixo María Jesús Calvo.

Nunha rolda de prensa celebrada hoxe no Auditorio municipal, Calvo anunciou que lle preguntará ao alcalde, Tomás Fole, que tipo de acordo hai entre o Concello e o Catastro que impide que se adopte a decisión que solicitan.

Por outra banda, representantes da Plataforma cualificaron de burla que o Concello se limitase a ofrecer unha bonificación no pago do 5% a quen carece de recursos, e afirmaron que abrirán unha oficina para asesorar a todos os cidadáns que desexen fraccionar en seis mensualidades os desembolsos que deben realizar. O domicilio da sede farano público nos próximos días.

Pendentes da aprobación dun calendario de mobilizacións, outra medida que adoptou a Plataforma é solicitar a todos os vilagarciáns que anulen a domiciliación dos recibos que pagan ao Concello, ademais de recomendar que quen poidan realicen os abonos ao límite do prazo máximo previsto.

Comentarios