Dez rúas cortadas en Monforte

A sexta etapa entre Monforte e Luintra, unha homenaxe á Ribeira Sacra

O pelotón sairá pasadas as 13.31 horas da cidade do Cabe, onde se cortarán dez rúas

Unha homenaxe á Ribeira Sacra. Así se podería denominar o percorrido da sexta etapa da Volta, que unirá Monforte de Lemos coa localidade ourensá de Luintra. A primeira metade da xornada discorre pola provincia de Lugo, polos municipios da Pobra de Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Bóveda ou Sober, e inclúe un segundo paso polas rúas de Monforte.

En total son 163,2 quilómetros, nunha xornada quebraperns, como case todas en Galicia, cunha segunda parte pola Ribeira Sacra ourensá que podería eliminar aos velocistas da loita pola vitoria. En principio, os principais favoritos á camisola vermella non deberían pasar ningún tipo de apuro para manter intactas as súas opcións, pero sen permitirse ningún descoido ou que se produza algunha circunstancia adversa en carreira.

Desde que se supere o control de avituallamento, no que o pelotón se atopará un paso a nivel que é de esperar non produza ningún contratempo, a carreira entrará nun sube e baixa constante, aínda que só haberá un porto puntuable, o Alto de Alenza, entre Castro Caldelas e A Teixeira, de segunda categoría.

Comentarios