A Xunta pecha o 2 de outubro o prazo para solicitar as axudas pola couza da pataca

O orzamento previsto para estas indemnizacións ascende a 250.000 euros

A Consellería do Medio Rural recordou que o vindeiro luns, día 2 de outubro, quedará pechado o prazo para solicitar as indemnizacións habilitadas pola administración autonómica para compensar as perdas dos produtores que tiveron que entregar a súa colleita de patacas ao acharse dentro da zona de corentena para erradicar a couza guatelmalteca.

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, precisou este luns que a solicitude de axudas por parte dos agricultores afectados nos 18 municipios declarados en corentena, a maioría na Mariña, está "moi avanzada". En todo caso, considera positivo recordar cando finaliza o prazo porque "pode haber algún produtor" atrasado ou que non se deu conta de que faltan poucos días para presentar a solicitude dentro do prazo establecido pola orde publicada o pasado 26 de abril no Diario Oficial de Galicia.

O orzamento previsto para cubrir estas axudas ascende a 250.000 euros.

Comentarios