A Xunta crea, en colaboración con R, unha canle televisión sobre urxencias

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de acordo polo que se autoriza a firma dun acordo entre a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e a compañía de telecomunicacións R Cable para a posta en marcha dunha canle en televisión dixital con contidos en materia de urxencias e protección cidadá.

Os contidos ofrecidos na aplicación de televisión interactiva, que recibirá o nome de 112.TV, consistirán en información sobre situacións de urxencia e avisos á poboación, como información sobre fenómenos meteorolóxicos adversos, activación de plans de urxencias e protección civil, información sobre urxencias extraordinarias e recomendacións de protección civil á poboación.

Comentarios