A Xunta licita por 7,2 millóns de euros cinco iniciativas ligadas ao Polo Tecnolóxico de Rozas

As entidades ou consorcios interesadas poderán presentarse ata o próximo día 27 ► A web da Axencia Galega de Innovación publica os pregos
Los técnicos, explicando el proyecto del centro de investigación
photo_camera Los técnicos, explicando el proyecto del centro de investigación

O Diario Oficial da UE vén de publicar as cinco primeiras licitacións para a compra de solucións tecnolóxicas innovadoras baseadas no uso de vehículos aéreos non tripulados para mellorar a prestación de determinados servizos públicos. O importe total das contratacións é de 7.250.000 euros.

As entidades ou consorcios interesadas poderán presentarse ata o próximo día 27 e teñen os pregos do concurso dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da Civil UAVs Initiative. Ademais, a mediados de mes celebrarase unha xornada específicca para explicar os pregos e resolver calquera dúbida para optar a este sistema de compra innovadora.

Estas contratacións enmárcanse no proxecto do Polo Tecnolóxico e Industrial de Avións non Tripulados de Rozas (Lugo), unha das apostas máis firmes da Consellería de Economía e Industria desde a pasada lexislatura e que dispón de finaciación europea a través dos Feder.

En concreto, as solucións que saen a licitación neste paquete son un xestor de conxunto de datos georreferenciados obtidos por UAVs (450.000 euros); a adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante drones (1,5 millóns); o seguimento das dinámicas de ocupación de chan e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados (1,3 millóns); o reforzo da seguridade marítima da flota galega e das actividades de seguimento do seu traballo con vehículos mariños non tripulados (1,5 millóns); e a automatización de mostras oceanográficas mediante vehículos non tripulados (2,5 millóns).

Comentarios