As beirarrúas do acceso ao CEIP de Seixo serán unha realidade en dous meses

Vial en el que se construirá una acera en el margen derecho (Foto: Ángeles Pazos)
photo_camera Vial en el que se construirá una acera en el margen derecho (Foto: Ángeles Pazos)

MARÍN. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) publicou hoxe (páxina 15) o inicio do período de información pública do proxecto de obra para a realización de traballos que doten ao colexio de Seixo de beirarrúas e servizos urbanísticos nos accesos da contorna.

Esta actuación forma parte do paquete de melloras que o Concello solicitou á Deputación de Pontevedra a través do seu Plan de Investimentos e conta cun orzamento de 66.787 euros. Ao comezo do período de información pública que se abre coa publicación no BOP hai que sumar a licitación que leva a cabo paralelamente a Deputación (que xa deu o visto e prace ao proxecto previamente), polo que o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, estima que as obras poderían comezar no prazo dun mes e medio ou dous "a lo sumo".

O feito de que Marín conte cun PXOM obriga a que unha obra deste características pase o trámite da exposición pública, para que os veciños poidan facer algunha alegación se así o estiman. En todo caso, Santos apunta a que a actuación "no debería afectar a nadie", polo que se estima que non habería alegacións e a tramitación sería rápida.

Comentarios