As 'trampas' da oferta do Barça por Coutinho en forma de cláusulas

Desde Inglaterra apuntan a que o fixo a pagar sería 'só' de 87 millóns ►Seri achégase ao conxunto catalán
Coutinho (izquierda), durante un amistoso disputado con el Liverpool
photo_camera Coutinho (izquierda), durante un amistoso disputado con el Liverpool

Esta mesma semana filtrouse a última ofensiva do FC Barcelona para facerse cos servizos de Coutinho. A priori a oferta, de 125 millóns de euros, parecía irrexeitable para o Liverpool, polo que poucos entendían que o club británico seguise negándose a traspasar ao seu xogador franquía.

Con todo, e como se deduce dunha información publicada polo Mirror, a oferta do Barça tiña trampa, e é que os 125 millóns resultan bastante enganosos. Ao parecer o fixo da proposta sería de só  87 millóns, a pagar nun período de cinco anos.

Ademais os 38 millóns restantes ata chegar aos 125 dos que se falou só serían abonados polo club catalán se se dan unha serie de cláusulas de difícil cumprimento, como son que o xogador gañe en varias ocasións a Champions League como xogador azulgrana, que reciba o Balón de Ouro ou que levante máis dun trofeo na mesma tempada.

SERI. A negativa do club adestrado por Jurgen Klopp, unida á similar dificultade para asinar ao extremo francés do Borussia Dortmund, Ousmane Dembélé -o outro gran obxectivo do Barcelona-, activou dúas alternativas que se mantiñan en espera ata o momento.

Unha delas, a do centrocampista do Niza Jean Michaël Seri, estaría próxima a materializarse, segundo apuntan os medios deportivos cataláns.

O seu prezo, que non superaría os 40 millóns de euros, e o seu perfil técnico parecen ideais para as necesidades culés.

O outro nome do que informa o diario Sport é o de Ángel Di María, aínda que a súa posible chegada atópase nunha fase moito menos avanzada. 

Comentarios