Lorena Souto gaña o premio Leiras Pulpeiro

O segundo posto do certame, que organiza o Concello de Mondoñedo, lévao Emilio Salgado Freire e o terceiro, Xosé Ramón Sánchez Varela
Lorena Souto
photo_camera Lorena Souto

O poeta Lorena Souto, natural do municipio do Páramo e residente en Santiago, é a gañadora da sexta edición do premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro que convoca anualmente o Concello de Mondoñedo e cuxo fallo se coñeceu este domingo.

A obra coa que Lorena Souto conseguiu este premio chámase Coleópteros e leva un total de 1.500 euros en metálico, ademais dunha placa e diploma.

O segundo premio deste certame, que está dotado cun premio de 600 euros en metálico, placa e diploma, recaeu na obra Álbum, da que é autor Emilio Salgado Freire, de Betanzos.

O carballés Xosé Ramón Sánchez Varela levou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa súa obra Queiroas.

ENTREGA. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo que se celebrará o 25 de novembro cunha recepción oficial seguida dunha ofrenda floral na tumba do propio Leiras Pulpeiro e a posterior entrega de premios no salón de plenos do concello mindoniense.

Este premio naceu coa finalidade de "honrar a memoria do escritor mindoniense e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación dás súas autoras e autores". Aínda que convocado polo Concello, faio en colaboración coa área de cultura da Deputación e nesta edición cunha alta participación, dun centenar de orixinais.

Comentarios