Os nove detidos na marcha contra a reforma laboral, en liberdade con cargos

Os nove arrestados o venres pola noite nos disturbios rexistrados nas inmediacións do Congreso dos Deputados foron postos en liberdade con cargos esta tarde, informou un portavoz do movemento 15-M.

Segundo o portavoz, todos están acusados de desorde pública e resistencia á autoridade, e un deles estao ademais por atentado contra a autoridade.

Tras pasar dúas noites na Brigada Provincial de Información, os detidos foron conducidos á primeira hora da mañá aos xulgados de praza de Castilla onde prestaron declaración ante o xuíz de garda.

Trátase de Antonio B.B., de 38 anos; José Luis M.M., de 41; Daniel C.C., de 32; Sergio L.M., de 22; José Manuel I.A., de 29; David J.G., de 22; David Rubén M.R., de 29; Daniel B.P., de 23; e Pablo M.V., de 33 anos, segundo datos da Xefatura Superior de Policía de Madrid, que engade que os catro primeiros teñen antecedentes policiais.

Nos incidentes, que acabaron con varias cargas policiais cando un grupo de participantes na protesta contra a reforma laboral intentaba achegarse ao Congreso dos Deputados, un manifestante e oito policías resultaron feridos leves.

Comentarios