Os técnicos inspeccionan os restos do tren descarrilado no Porriño

Efectivos de Adif, Renfe e de Comboios de Portugal comproban a sinalización de freado e a sinalización da vía
La máquina del tren siniestrado en el accidente ferroviario que ha dejado cuatro muertos
photo_camera La máquina del tren siniestrado en el accidente ferroviario que ha dejado cuatro muertos

Treinta técnicos de Adif, Renfe e de Comboios de Portugal, así como peritos xudiciais revisan, desde primeira hora da mañá deste venres, os restos do 'Tren Celta' que descarrilou o pasado 9 de setembro a poucos metros da estación do Porriño, co fin de comprobar os sistemas de freado, así como a sinalización da vía.

Entre as comprobacións que se pretenden realizar inclúense as probas de presión do sistema de freado do tren, dado que o maquinista non reduciu a marcha do convoi a pesar dos avisos.

No momento do descarrilamento o tren circulaba a 118 quilómetros por hora, a pesar de que a velocidade máxima permitida era de 30, debido a traballos de mantemento da vía principal.

Os técnicos tamén comprobarán as condicións de seguridade dese tramo férreo, así como a sinalización que, segundo os datos rexistrados nas caixas negras –abertas no xulgado o pasado 13 de setembro–, estaba en funcionamento sen problemas.

Os restos da máquinaria do tren, atópanse nunha plataforma, depositada fronte á estación do Porriño, á espera de que o xulgado autorice o seu traslado por estrada a dependencias de Renfe en Redondela; mentres que os outros dous vagóns serán trasladados pola vía férrea.

Comentarios