lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Máis de 4.600 lucenses benefícianse do complemento autonómico a pensións non contributivas

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, cifrou en máis de 4.600 os lucenses que se benefician do complemento autonómico a pensións non contributivas, a maiores "dos máis de sete millóns de euros anuais investidos" na Renda de Integración Social (Risga).

Este dato destacouno durante unha rolda de prensa ofrecida na delegación en Lugo xunto co director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. Parrado informou do investimento, a maiores para este ano, de case un "millón de euros orientados á contratación de persoal técnico dos concellos", segundo concretou, "nas categorías de traballador social, educador social e psicólogo".

En canto a Galicia, concretou Parrado, "esta resolución trae consigo un incremento en 63 novos profesionais" para corenta concellos de Galicia, "40 traballadores sociais, dez educadores sociais e tres psicólogos". "Este ano vanse a ver beneficiados do incremento do financiamento que lle corresponde á comunidade autónoma 40 concellos de toda Galicia", puntualizou.

En Lugo, Balseiro concretou que son sete os concellos que se van a ver favorecidos con esta medida; Abadín, Chantada, A Fonsagrada, Friol, Guntín, Ribeira de Piquín, Sarria e Viveiro, o que suporá a incorporación doutros tantos profesionais sociais.

Así mesmo, aproveitou para destacar que na provincia de Lugo levan "investidos máis de sete millóns de euros anuais na Risga, e no complemento autonómico a pensións non contributivas do que se benefician 4.600 lucenses" e "son 206 euros aprobados pola Xunta e que se ingresan automaticamente nestes primeiros dez días de xaneiro nas contas dos beneficiarios", segundo abundou. Con estas incorporacións preténdese que o acceso a axudas, para aqueles máis desfavorecidos, se faga a través de "unha tramitación máis rápida", segundo apostilou.

Máis de 4.600 lucenses benefícianse do complemento autonómico a...
comentarios
ç