Malkeda contacta co máis aló no seu novo videoclip

Un momento del rodaje, que duró cerca de tres horas. guille lópez
photo_camera Un momento del rodaje, que duró cerca de tres horas. guille lópez

PONTEVEDRA. As inclemencias meteorolóxicas obrigaron ao grupo pontevedrés Malkeda a atrasar a gravación do seu novo videoclip varios meses, pero o pasado luns -«cunha noite sen lúa e a temperatura perfecta»- conseguiron rodar as imaxes que acompañarán ao tema ‘Alén', que forma parte do seu segundo álbum titulado ‘Un día sen onte'.

Dirixido e gravado por Maxi Gonzalez e Antonio Loira, os cinco integrantes trasladáronse, con preto de 50 extras, a Poio para «lograr o ambiente ideal». A escuridade xogou un papel moi importante no traballo, «pois está moi relacionado co máis aló e o que nos podemos atopar logo da morte», confesaron. Este clip será presentado o próximo mes de setembro.

Comentarios