Marcos Serrano desvincúlase do Karpin Galicia

Marcos Serrano, en su presentación oficial con el Karpin (Foto:karpingalicia.org)
photo_camera Marcos Serrano, en su presentación oficial con el Karpin (Foto:karpingalicia.org)

O ciclista Marcos Serrano xa non está no Karpin Galicia, ao quedar rescindido o contrato que vinculaba ao corredor co equipo profesional galego para a tempada 2008, pese a que as dúas partes subscribiran un acordo con vixencia para as tempadas 2007 e 2008.

A finais de 2006, Marcos Serrano chegaba ao Karpin para coller o papel do seu bastión máis visible, logo dunha frutífera traxectoria deportiva que converteu ao ciclista redondelán nunha das referencias do ciclismo galego.

A vinculación de Serrano á Operación Puerto apartou ao corredor das probas máis relevantes do calendario, ata consumarse a súa ausencia na Volta a España, que era, segundo explica o Karpin "principal obxectivo deportivo do novo equipo profesional galego, co consecuente prexuízo para ambas as partes".

Vinculación á Operación Puerto
Aínda que Serrano non deu positivo en ningún control de dopaxe, vinculóuselle coa Operación Puerto pola declaración de Manuel Saiz, director do equipo Liberty Seguros-Würth, no que Serrano corría no momento da operación antidopaxe. Na súa declaración perante a Garda Civil, Saiz sinalara que Roberto Heras, Marcos Serrano e Ángel Vicioso, todos procedentes do Kelme, solicitaran especificamente ser tratados por Eufemiano Fuentes, médico do Kelme e principal implicado na Operación Puerto.

Pese a que a Operación Puerto aínda está nos tribunais, as entidades organizadoras das principais probas ciclistas vetaron aos corredores implicados na trama, para evitar que a súa imaxe se vise asociada a escándalos de dopaxe.

Dado que as condicións non mudaron na presente tempada, Marcos Serrano continúa sen poder competir en moitas carreiras, motivo polo que o Karpin decidiu rescindir o contrato co ciclista redondelán, argumentando que "corredor e equipo ían iniciar a nova campaña coas súas expectativas claramente reducidas de antemán".

Comentarios