domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

Marepodium ten o mellor maio de Poio

Distintos grupos de cativos executando a súa actuación ante o numeroso público que se deu cita onte no pavillón do CEIP Isidora Riestra
Distintos grupos de cativos executando a súa actuación ante o numeroso público que se deu cita onte no pavillón do CEIP Isidora Riestra
A formación fíxose cos premios ao mellor conxunto, mellor actuación e mellor maio. As coplas con máis chispa foron as de Maio Pimpín. O publico encheu o pavillón do CEIP Isidora Riestra

O patio cuberto do CEIP Isidora Riestra encheuse onte para a celebración do Certame dos Maios, un concurso no que participaron coas súas creacións e cantigas trece formacións do municipio. De todas elas, a que presentou a obra máis apreciada polo xurado foi a formación Marepodium. Así, os integrantes deste grupo levaron o primeiro posto nas categorías de mellor conxunto, mellor actuación e mellor maio. Ademais, foron segundos no resto dos apartados. O seguinte con máis honores foi o Maio Pimpín, co galardón á mellor coroa e ás mellores coplas, ademais do terceiro posto na categoría do mellor conxunto. En canto aos barcos tradicionais, gañou o presentado polo Maio Chupipandi e foron segundos o de Boureante e Marepodium. Terceiro quedou o de Pequerrecheiro.

Con respecto ao resto dos premios, quedaron moi destacados os membros de Chupipandi, ao ser o segundo mellor conxunto e terceiros en canto a actuación, maio e coroa. O Maio Boureante foi segundos pola súa copla e terceiro en canto a actuación. Fontenla tivo o segundo mellor maio e foi premiado como terceiro mellor conxunto, e Laretas acadou a terceira mención pola calidade da súa actuación. Fóronse sen premios, pero co merecido aplauso do público: Ludomaio, Pequeludo, Armadiña e Espedregada, ademais de E.I. Saíñas e Samieira 2015, que se presentaron fóra do concurso. Cada un dos participantes levou igual, como premio de consolación, 150 euros e dúas roscas para que os participantes poidan compartir.

Marepodium ten o mellor maio de Poio
comentarios