Marín honra á Virxe do Porto no seu día grande

Centenares de marinenses participaron na procesión da patroa da vila polas rúas do centro urbano ► O III Certame de Corais amenizou a velada nocturna con música tradicional
Uns instante del día grande de las fiestas patronales de Marín
photo_camera Uns instante del día grande de las fiestas patronales de Marín

A programación musical e festiva das tradicionais festas da Virxe do Porto comezou este xoves coa procesión en honra á patroa da vila. Así, a imaxe da Virxe do Porto desfilou polo centro urbano da localidade. A comitiva, entre a que se atopaban diferentes autoridades municipais, percorreu as rúas A Estrada, Concepción Areal, Jaime Janer, Real e Sol, con parada ante o Templo Antigo e regresando logo ao momento de partida por Concepción Areal. 

Os marinenses. engalanados para a ocasión, saíron a celebrar e gozar dun día festivo no que acompañou o bo tempo. A nota musical á xornada púxoa o III Certame de Corais celebrado pola noite na Alameda Rosalía de Castro. Os festexos continuarán este venres coa actuación musical de Batital, ás 21.00 horas, tamén na Alameda. Ademais, o fin de semana vén cargado de eventos lúdicos e musicais. Este sábado celebrarase en Aguete unha travesía a nado organizada polo Real Club Naútico. Así mesmo, a Alameda Rosalía de Castro acollerá, ás 20.30 horas, un concerto da Orquestra de Saxos do Conservatorio de Redondela. 

Posteriormente, a partir das 22.00 horas, levará a cabo a quinta edición de Festimar no Paseo Alcalde Antonio Branco Solla. O festival contará coas actuacións do El Son de la Chama, Festicultores, Poetarras, Bastards, Xenderal e o DJ G. Rich.

Comentarios