BUEU. «Creo que hay muchos marineros poetas, personas que trabajan o que trabajaron en el mar que, aunque no son ilustradas, tienen un sentido del viaje poético». Con estas palabras intenta explicar o escultor Enrique de Santiago Esperón, marinense fincado desde hai anos na parroquia de Cela, a esencia das obras que compoñen a nova exposición aberta ao público na Sala Amalia Domínguez Búa.
Trátase dunha mostra titulada ‘Mariñeiros poetas, carrumeiros poéticos', que evoca un ambiente mariño no que varios conxuntos de algas moldeadas sobre o metal acaparan o protagonismo.
O artista explica que «los carrumeiros son algas a las que represento con un tratamiento poético, que entiendo como el fluir de las mismas en el mar y que, para mí, representan el paisaje marino».
Enrique de Santiago Esperón comezou a traballar nesta idea tres anos atrás. Ademais dos cinco conxuntos de algas que coroan a sala, tamén poden apreciarse cadros que el mesmo concibe como «cámaras de descompresión». O escultor explica que é nestas «donde encuentro un estado que me interesa, el que se refiere al momento en que se pasa de la presión del fondo del mar a la superficie».
Para a realización das súas pezas, Esperón válese de materiais de metal repujado tratado e pulido, que combina con bases e ornamentos de pedra. «Transformo materiales de los bidones de metal», aclara.
é unha das primeiras ocasións en que expón en Bueu e invita os veciños a achegarse e gozar da exposición, que estará aberta ata o próximo día 13. A súa primeira mostra foi no ano 82, cando participou cunha obra na Bienal de Pontevedra. Tamén hai esculturas súas en espazos públicos de Marín.