Martes de chuvascos en Galicia

Os termómetros oscilarán en Pontevedra entre os 11 graos de mínima e os 23 de máxima
Mapa con la previsión del tiempo. METEOGALICIA
photo_camera Mapa coa previsión do tempo. METEOGALICIA

O martes Galicia queda nunha situación intermedia entre as borrascas situadas en Centroeuropa e o anticiclón en Azores, o que vai deixar un corredor de ventos do norte que derivará en ceos parcialmente cubertos con chuvascos, máis frecuentes e intensos na metade norte da comunidade autónoma, segundo o prognóstico da Meteogalicia

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas no terzo norte e ascensos nas Rías Baixas. O vento soprará moderado do norte, con intervalos fortes no litoral. 

Nas grandes urbes galegas, os termómetros moveranse entre os 11 graos de mínima que rexistrarán Lugo, Pontevedra e Ourense e os 23 de máxima que se alcanzarán na Boa Vila, moi por encima dos 16 que marcarán no momento máis cálido do día na capital lucense.

Comentarios