Massa pega primeiro; Hamilton resiste á presión

(foto: EFE)
photo_camera (foto: EFE)

Felipe Massa comezará a súa loita contra Hamilton e contra a historia desde a Pole, no Gran Premio do seu país. Unha posición idónea, sobre todo tendo que o seu gran rival polo Mundial, Lewis Hamilton, sairá cuarto, tras un sorprendente Jarno Trulli e o seu compañeiro Kimi Raikkonen. Aínda así, ao inglés bástalle con finalizar quinto.

Xusto detrás de Hamilton sitúanse Heikki Kovalainen e o español Fernando Alonso, que tras marcar o mellor tempo nos adestramentos libres tivo máis dificultades das previstas, especialmente na Q2, na que finalizou noveno.

Trátase da decimoquita 'pole' na carreira de Massa, a terceira consecutiva no Gran Premio do seu país, onde con todo nunca conseguiu gañar. O ano pasado finalizou segundo tras deixar pasar ao seu compañeiro Kimi Raikkonen para que este puidese imporse no Mundial.

Comentarios