'MasterChef' aterra na Ribeira Sacra

O programa de televisión da 1 trasladouse ata a zona para gravar un dos seus exteriores da edición con famosos
Masterchef Celebrity en la Ribeira Sacra
photo_camera Masterchef Celebrity en la Ribeira Sacra

MasterChef Celebrity trasladouse este martes pola noite á Ribeira Sacra, descoñecida para moitos membros do equipo do programa de televisión. Así o manifestou a presentadora do espazo, Eva González: "Todos os que facemos MasterChef estamos un pouco sorprendidos de que unha paisaxe tan incrible como esta sexa tan pouca coñecida en España, así que confiamos en que despois de hoxe sexan moitas as persoas que se acheguen ata a Ribeira Sacra para gozar dos seus encantos".

Os cociñeiros famosos que se encargaron de realizar o menú foron Anabel Alonso, Saúl Craviotto, Edu Soto, José Corbacho, Patricia Montero e un improvisado Francis Lorenzo, ao que o programa chamou no último momento para substituír a Silvia Abril, que causou baixa debido a unha indisposición. Os famosos elaboraron un menú que constaba de empanada de zamburiñas, troita con grelos e cachelos, xarrete de tenreira e bica con salsa de cereixa.

Os chefs amateurs salvaron os mobles ante uns xuíces tan preocupados en levar a polémica ás cociñas como de que os pratos saísen ben. Durante todo o tempo de cociñado, os canóns do Sil foron a paisaxe de fondo.

Entre os comensais, cabe destacar a presenza do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández, ou o presidente do Consello Regulador D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Finalmente, tras a proba de eliminación, a concursante que abandonou as cociñas do programa foi Anabel Alonso, que se enfrontou á elaboración dunha sobremesa e non puido levar nada para que probasen os xuíces debido a erros sucesivos á hora de elaborar a receita.

Comentarios