Solís denuncia "abusos sexuais" do seu psiquiatra

A exmuller do duque de Alba publica no seu Facebook a súa traumática vivencia co doutor Javier Criado
Matilde Solís
photo_camera Matilde Solís

O testemuño de Matilde Solís, exmuller do duque de Alba, chega dúas semanas despois de que o psiquiatra Javier Criado declarase como investigado pola denuncia dunha das súas pacientes, no ano 2015, na que se lle acusaba dun delito contra a integridade moral. 

"Na carta que escribín hai meses, non especifiquei a que tipo de abusos me someteu Javier Criado, así que dígoo agora. Sufrín abusos sexuais. A parte de todo o demais. As mulleres que deron o seu testemuño, déronme moita forza. Que se avergoñe o psiquiatra. Eu non o farei máis", publicou Solís no seu muro de Facebook este domingo referíndose aos "abusos" que denunciara con anterioridade por parte do médico.

Ata o momento, oito mulleres, pacientes de Javier Criado, denunciaron ao psiquiatra, cinco por abuso sexual, outra por omisión de socorro, inducir ao suicidio e por un delito contra a integridade moral, anteriormente apuntado. Pola súa banda, o doutor alega que tales acusacións obedecen ao seu "ánimo de vinganza".

Comentarios