Máximo rendemento de tráfico de mercancías nos peiraos comerciais do Porto de Marín

A terminal rexistrou este xoves o operativo de máis de 60.000 toneladas pola entrada de catro grandes buques
Las grúas portacontenedores trabajan a pleno rendimiento tras el aumento del tráfico de mercancías
photo_camera Las grúas portacontenedores trabajan a pleno rendimiento tras el aumento del tráfico de mercancías

O Porto de Marín viviu este xoves unha xornada de máxima actividade co tráfico de máis de 60.000 toneladas de mercancía nos seus peiraos comerciais, consolidando así o crecemento histórico anunciado pola Autoridade Portuaria o pasado 9 de xullo tras superar o millón de toneladas nos seis primeiros meses do ano. A institución que preside José Benito Suárez Costa asegura que o tráfico comercial se incrementou estes días debido á coincidencia de catro grandes buques mercantes operando nos peiraos de descarga.

Tres dos barcos, os de maior porte, confluíron na zona conformada polas terminais de graneis e colectores. Trátase do Pacific Huron (190 metros de eslora e 23 de manga) que descarga no Peirao Oeste 19.600 de millo, o Pacific Pioneer (173 metros de eslora e 30 de manga), rematando a súa descarga de 31.300 toneladas de soia e o Cap Bianco (210 metros de eslora e 30 de manga), con 5.500 toneladas de mercancía en colector. A estes tres súmase o buque Siegfried Lehman (89 metros de eslora e 15 de manga), para cargar 4.200 toneladas de pasta de papel.

Esta coincidencia fai necesaria a utilización a máximo rendemento dos principais medios de manipulación de mercancías do porto, tanto os guindastres automóbiles como os guindastres portacontedores. Así mesmo, xera un gran movemento de camións e composicións de ferrocarril.

Comentarios