Morre unha muller atropelada por un motorista en Salvaterra

Os servizos de urxencias trasladados ao accidente só puideron confirmar o falecemento da vítima

Unha muller faleceu este luns despois de ser atropelada por un motorista en Salvaterra do Miño. Os feitos tiveron lugar na EP-4006, concretamente no punto quilométrico 5.800.

Urxencias Médicas, debido á gravidade dos feitos, mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Foi o condutor da moto o que daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 18.10 horas.

Tras recibir a alerta, desde o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios e á Garda Civil de Tráfico. Finalmente, a pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os servizos de urxencias só puideron confirmar o falecemento da muller.

Comentarios