Morre esmagado por un ascensor en Castelló

O home estaba a reparar o elevador cando se produciu o suceso

Un operario faleceu esmagado en Castelló cando realizaba traballos de mantemento ou reparación dun ascensor.

Segundo informaron fontes da Policía Local de Castelló o suceso tivo lugar ás 16.30 horas deste mércores e ata o lugar acudiron efectivos da Policía Local, os Bombeiros e o Corpo Nacional de Policía.

Ao chegar ao lugar, o operario xa morrera ao ser esmagado pola cabina do ascensor e os bombeiros procederon a levantar a cabina e asegurar o lugar, para que se puidese proceder ao levantamento do cadáver.

O Corpo Nacional de Policía fíxose cargo da investigación para determinar as causas do accidente.

Comentarios