Multa de 1.680 € a Sinaí Giménez por conducir sen carné

sinai.JPG
photo_camera sinai.JPG

A titular do Xulgado número 2 de Tui impuxo onte unha multa de 1.680 euros ao presidente da Asociación Poboo Xitano, Sinaí Giménez, por considerar que é culpable dun delito contra a seguridade de tráfico. Segundo informaron fontes xudiciais, a pena imposta polo Tribunal tudense inclúe un total de 22 días de traballos para a comunidade.

Giménez compareceu na mañá de onte ante a xuíza tras ser denunciado pola Garda Civil de Tráfico o pasado venres cando circulaba pola localidade de Tomiño carecendo de carné de conducir español.

O representante do colectivo calei alegou que presentou un permiso expedido en Portugal hai catro anos, aínda que segundo a lexislación española, debería habelo trocado antes de seis meses logo de fixar a súa residencia en España. Pasado ese prazo, o documento carece de validez.

Sinaí Giménez aceptou a pena imposta pola xuíza e matizou que denunciará ante instancias europeas o que considera unha “discriminación”. “Se para a moeda única somos europeos, ¿como é posible que non teñamos un carné único? ¿Por que temos que trocalo dentro dos estados membros?”, preguntábase onte o presidente de Pobo Xitano á saída do Xulgado.

“Non sabía”

Ante esta situación, Tráfico considera que Sinaí Giménez non ten autorización para conducir en España, xa que o permiso portugués foi expedido hai catro anos, cando o representante de Pobo Xitano residía no país veciño.

Neste sentido, Giménez alega que “non sabía” que debía trocar o documento, polo que considera que co xuízo e a repercusión mediática que tivo, “Tráfico, a través da miña persoa, fixo unha campaña de información gratis”, opina o presidente de Pobo Xitano.

Comentarios