Música en efectivo

PONTEVEDRA. 'En directo... En efectivo' é unha iniciativa que onte se puxo en marcha e que vincula o comercio local cos músicos underground de Pontevedra. Dez bandas da cidade gravarán outros tantos videoclips nalgúns dos establecementos e tendas máis singulares da vila. O primeiro en facelo foi onte o alemán afincado en Pontevedra Bruno T. Ford (Río Bravo, The Ford Broncos), que rodou o seu vídeo na Ferretería Varela.

A semana que vén Tractor Troy gravará o seu en Ultramarinos A Montañesa, Querido Extraño farao en Carnaby, MLK na Farmacia J. Luís Domínguez Gómez, Thee Blind Crows na Mercería Ernesto Filgueira e Que Desilusión na tenda El Cisne. Completarán o ciclo a mediados de abril Perkuka na Praza de Abastos, Gog y las Hienas Telepáticas na Mercería Hogar, Da Silva e Fernández Dúo na Droguería Moderna e Gonzalo Arca na Fábrica Vintage.

Estudantes de Ciencias Sociais e Belas Artes colaboran na realización da iniciativa.

Comentarios