Nabor González, elixido novo secretario xeral de Xuventudes Socialistas

O ourensán toma a relevo do seu antecesor no cargo, o ferrolán Aitor Bouza
Nabor González, nuevo secretario general de Xuventudes Socialistas
photo_camera Nabor González, nuevo secretario general de Xuventudes Socialistas

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) celebraron esta fin de semana en Milladoiro-Ames a súa XV Congreso Nacional Ordinario no que foi proclamado secretario xeral Nabor González, tras as eleccións primarias celebradas durante os meses de outubro e novembro.


O novo líder das XSG toma a substitución do seu antecesor no cargo, o ferrolán Aitor Bouza.

Nacido en Ourense e estudante de Ciencias Políticas na USC, Nabor González, de 20 anos, convértese no secretario xeral máis novo de XSG.

Como principal obxectivo o novo líder das Xuventudes Socialistas márcase a construción dun proxecto alternativo para a mocidade galega que aposte por outra forma de facer política. "É a única ferramenta para cambiar a sociedade, combater as inxustizas e a quebra de dereitos ás que nos ten afeitos o PP", dixo.

No Congreso das XSG aprobáronse as delegacións ao Comité Federal das JSE e ao Comité Nacional do PSdeG cun 85%.

Tamén se aprobou a Comisión Executiva Nacional e a Mesa do Comité Nacional que foron aprobadas polo 88%.

Na xornada deste domingo o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, acudiu ata Milladoiro para apoiar á nova executiva das XSG.

Comentarios