Nace na Coruña unha nena sen o xene "máis severo" ligado ao cancro de mama

Con este nacemento, son xa cinco os bebés nacidos en España sen esta predisposición

Profesionais do Hospital Quirónsalud da Coruña lograron o nacemento dunha nena sen o xene BRCA1, ligado ao cancro de mama e o "máis severo", segundo informa o centro sanitario. O nacemento produciuse o pasado 31 de agosto, da man do grupo de Xinecología e Reprodución Asistida Grupo Ron.

Con este nacemento, son xa cinco os bebés nacidos en España sen esta predisposición. O primeiro caso foi no 2011, no que naceu en Barcelona o primeiro home sen a mutación en BRCA1.

Posteriormente, no 2016, naceu en Zaragoza un home sen a mutación en BRCA2, e para rematar dúas mellizas sen a mutación tamén deste xene. Neste caso é a primeira nena sen a mutación en BRCA1, a forma máis severa de ambas as mutacións.

En concreto, a nena naceu sen a mutación no xene BRCA 1, relacionado co risco de sufrir cancro de mama entre outros tipos de patoloxías cancerígenas.

A SÚA NAI SUPERÓ UN CÁNCER. Segundo o xefe da Unidade de Reprodución Asistida Grupo Ron, o doutor Roque Devesa, "a nai, portadora desta mutación, foi diagnosticada no ano 2012, aos 29 anos de idade, dun cancro de mama e someteuse, antes de recibir tratamento de quimioterapia, a unha vitrificación de ovocitos para así poder preservar a súa fertilidade".

No ano 2015, unha vez superado o cancro, a paciente decide someterse a tratamento de reprodución asistida, "pero non quería que a súa futura descendencia fose portadora desta mutación", explican desde o hospital.

Por iso, solicitouse á Comisión Nacional de Reprodución Asistida (CNRA) autorización para realizar un diagnóstico xenético preimplantación (DGP), unha técnica de reprodución asistida na que se realiza unha selección de embrións libres desta mutación e que posteriormente se transfiren ao útero.

En 2016, unha vez autorizado pola CNRA, se desvitrificaron os óvulos, se fecundaron e obtivéronse tres embrións sen a mutación do xene.

"Aínda que a primeira transferencia foi negativa, a segunda foi positiva e deu lugar, logo de 9 meses, á nena nacida o pasado 31 de agosto sen a predisposición xenética a padecer cancro de mama", explican desde o hospital.

Comentarios