Netflix ironiza coa caixa B do PP nun vídeo promocional de 'Narcos'

Javier Cámara, que fai de contable, dá varias indicacións: "Subornos, comisións, pero sobre todo que non pillen ao tesoureiro"
Rajoy, Mayor Oreja o Cospedal, en las notas de la nueva campaña de 'Narcos'
photo_camera Rajoy, Mayor Oreja o Cospedal, en las notas de la nueva campaña de 'Narcos'

A plataforma dixital Netflix acaba de lanzar un vídeo promocional da serieNarcos, cuxa terceira tempada se estreou o pasado 1 de setembro, titulado "como levar unha caixa B" e que mostra un fragmento dunha folla contable onde aparecen os apelidos de Rajoy, Rato ou Cospedal, entre outros.

O vídeo, protagonizado polo actor español Javier Cámara, que dá vida na serie a Guillermo Pallomari, un contable que traballa para o narcotráfico, dá indicacións sobre como levar unha caixa B: "Subornos, método e lóxica, branqueo, comisións, pero sobre todo que non pillen ao tesoureiro".



A cadea estadounidense de televisión por internet comezou a súa provocadora campaña hai unhas semanas cuns carteis que anunciaban a estrea da terceira tempada de Narcos coa lema "Sé forte", outra chiscadela ao caso Bárcenas que aludía ao SMS que Mariano Rajoy enviou ao extesoureiro do PP investigado polo suposto financiamento irregular do partido.

Non é a primeira vez que Netflix utiliza este tipo de estratexias publicitarias. O nadal pasado instalou unha lona xigante no centro de Madrid coa lema "Oh, branco Nadal", tamén para promocionar a serie Narcos, que provocou a protesta da Embaixada de Colombia, pedindo a súa retirada.

A trama da terceira tempada da serie ambiéntase na época posterior ao narcotraficante Pablo Escobar, cando a DEA centra a súa atención no cártel de Cali, dirixida por catro capos e que opera a base de subornos a funcionarios e empregados do goberno.

Comentarios