Nubes e claros nun mércores con néboas matinais e subida das máximas

Os termómetros oscilarán en Pontevedra entre os sete graos de mínima e os 17 de máxima
Mapa con la previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Galicia estará este mércores nunha situación intermedia entre as altas presións situadas ao leste de Europa e un centro de baixas presións entre Azores e Portugal. O ceo, segundo prognostica Meteogalicia presentará nubes de tipo medio e alto que non impedirán o paso do sol, con néboas matinais en comarcas do interior.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. Así, nas grandes urbes galegas, os termómetros alcanzarán os 20 graos en Ourense e os 17 en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol e Santiago. En Lugo non superarán os 16.

En canto aos valores mínimos, os máis baixos rexistraraos a cidade das Burgas (catro graos), mentres que na capital lucense non se baixará dos seis graos e na Boa Vila, dos sete. O vento soprará frouxo de dirección variable, con predominio do compoñente sur. 

Comentarios