miércoles. 20.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 20.10.2021
El tiempo

O Grove acelera a tramitación do PXOM

Imagen de la Casa Consistorial de O Grove
Imagen de la Casa Consistorial de O Grove
O Goberno local tamén xestiona a construción do Centro de Día

Tal como anunciara nas charlas que mantivo cos veciños do Grove, o Goberno local destinou o remanente do contrato de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á contratación dun servizo de apoio técnico para as xestións que serán necesarias para redactar este documento. A empresa gañadora do concurso convocado con este obxectivo empezará a realizar o seu traballo a finais deste mes.

O Concello argumenta que a participación da firma que contrate permitirá que as xestións se desenvolvan a un ritmo máis alto que ata a data, "xa que os avances se vían limitados pola sobrecarga do servizo de Urbanismo, que tivo que facer fronte aos proxectos que se porán en marcha cos fondos da Deputación de Pontevedra, e a limitación de recursos técnicos municipais para este fin, xa que son precisos programas de xestión específicos e manexo de planimetría e bases de datos moi amplas".

Este equipo será o encargado de elaborar os planos que serán expostos nas charlas públicas que se celebrarán durante os próximos meses, o que facilitará as explicacións sobre os elementos que o Goberno local quere incorporar ou eliminar do plan urbanístico. Por outra banda, esta empresa tamén será a responsable de completar a información técnica necesaria para continuar coa tramitación administrativa da parcela destinada a acoller o Centro de Día, "que foi paralizada polo anterior Goberno", recorda.

O Grove acelera a tramitación do PXOM
comentarios
ç