O Concello presuposta o parking de autocaravanas de Tafisa en 209.000 euros

Prevese que a nova infraestrutura poida estar operativa en Nadal ou a principios do próximo ano
Anabel Gulías, con el presidente de la Asociación de Autocaravanas
photo_camera Anabel Gulías, con el presidente de la Asociación de Autocaravanas

O Concello presuposta a apertura do primeiro parking de autocaravanas de Pontevedra en 209.385,39 euros (IVE incluído), que contratará a través dun procedemento negociado sen publicidade, o que axilizará a posta en marcha da obra. 

A Xunta de Goberno local deu o luns o visto e prace á licitación deste proxecto, que habilitará 20 prazas de estacionamento para autocaravanas e outras 66 para aparcadoiro libre.

Unha vez contratados os traballos, a nova infraestrutura, que conta co apoio da Asociación Galega de Autocaravanas, estará operativa en pouco máis de tres meses. É dicir, que o novo parking podería estar operativo en Nadal ou a principios do novo ano.

O aparcadoiro de autocaravanas limitará o acceso de vehículos, que non poderán usar este espazo durante máis de 72 horas mensuais. O novo servizo ocupará os terreos que o Goberno local ten á venda para a posible construción dun hotel de cinco estrelas, xusto enfronte da ponte dos Tirantes.

Comentarios