O Concello ultima melloras en centros públicos antes do comezo do curso

A reposición do muro de peche do CEIP A Laxe e os traballos de mantemento no patio e ximnasio do Carballal son algunhas das obras que se están realizando antes do inicio das clases
Algunos de los trabajos que se están realizando en los centros escolares públicos del municipio
photo_camera Algunos de los trabajos que se están realizando en los centros escolares públicos del municipio

Aproveitando o receso escolar do verán, o Concello de Marín está a realizar melloras nos centros públicos de Educación Infantil e Primaria. Deste xeito, están a acometerse obras de conservación e mantemento, así como aspectos imprescindibles para o correcto funcionamento das instalacións dos centros públicos.

En todo caso, os traballos que se están levando a cabo responden a peticións formuladas polos centros e están a ser executadas, na maioría dos casos, con fondos propios do Concello, mentres que noutros é a Xunta de Galicia a que financia as obras, como no caso da mellora da eficiencia enerxética que se realizou nos centros de Carballal e A Laxe, nos que tamén participou o Consistorio.

Ademais, nestes momentos, están a executarse as obras do muro de peche do CEIP A Laxe, que caeu debido ás precipitacións, e estanse acometendo melloras no ximnasio e o patio do CEIP Carballal.

Así mesmo, outra das actuacións que se están realizando en centros públicos marinenses é a de mellora dos distintos servizos municipais de obras, augas e carpintería, apoiados con contratacións de empresas externas para ultimar as melloras que deben completarse antes do inicio do curso escolar.

Segundo informou o Concello, a mayoríad e as obras están concluídas, só resta finalizar as de Carballal e A Laxe, así como as do CEIP de Seixo.

Comentarios