Trasladan de Compostela a Guadalaxara os restos de soldados da Guerra Civil

Os corpos foron achados hai cinco anos durante unha escavación arqueolóxica en Abánades

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) trasladará o 13 de outubro de Santiago de Compostela a Guadalaxara os restos dos 13 soldados combatentes na Guerra Civil española que foron achados hai cinco anos durante escavacións arqueolóxicas realizadas en Abánades, Guadalaxara.

Os restos permaneceron durante este tempo en Santiago de Compostela, concretamente no Incipit –Instituto de Ciencias do Patrimonio–, para o seu estudo, segundo informou este mércores o CSIC nun comunicado.

Os restos non foron reclamados nin puideron ser identificados.

"Dado que o protocolo da Lei de Memoria Histórica é ambiguo para estes casos, a decisión sobre que facer con eles, unha vez acabada a investigación científica, queda en mans do arqueólogo responsable do seu achado", explica Alfredo González Ruibal, arqueólogo do CSIC.

Comentarios