Os viaxeiros do servizo de Avant que conecta A Coruña, Santiago e Ourense crecen case un 50 %

Os usuarios destes trens en Galicia superan os 1,9 millóns, segundo o Ministerio de Fomento

O servizo Avant, que conecta as cidades de Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña, incrementou nun "49,2 por cento" a cifra de viaxeiros entre os meses de xaneiro e novembro, respecto ao mesmo período do ano anterior, ata situarse nos "600.700" actuais.

Segundo trasladou o Ministerio de Fomento, cando se cumpren cinco anos en Galicia estes trens de Renfe superan os "1,9 millóns de usuarios" desde a súa posta en funcionamento.

Desde 2011, o servizo experimentou un crecemento continuo no número de viaxeiros, que pasaron de 269.700, en 2011, aos 351.500, do ano seguinte e 444.900 o ano pasado.

Na actualidade, Renfe ofrece doce servizos, seis por cada sentido, entre Ourense e Santiago, que cobren este traxecto a diario, máis outros dous servizos a maiores en días alternos, que se ve fortalecido durante o curso académico.

Dentro dos compromisos, Renfe ofrece a devolución do 50 por cento do prezo do billete se o atraso é superior a 15 minutos e o reintegro do cento por cento, se é superior a 30 minutos.

Comentarios