O paraíso perdido

Adianto dos contidos do suplemento do próximo domingo

María Valcárcel visita a casa museo da escritora danesa que máis amou África, Karen Blixen, co gallo dos 55 anos do seu pasamento. Camilo Franco explica que, en teatro, o diálogo tamén é a súa falta. Javier Nogueira enxalza a nova tradución da obra teatral Ubú Rei, de Alfred Jarry. Ramón Rozas comenta a exposición sobre desastres naturais que o fotógrafo Pablo Genovés amosa no Museo de Arte Contemporánea da Coruña. Portorosa considera o traballo manual tras a lectura de Una historia de amor y oscuridad, de Amos Oz. Manuel Veiga Taboada percibe que a ironía carece de porvir na literatura. Jaureguizar escribe sobre o hedonismo gozado polo personaxe Zorba O Grego e por Hugh Hefner, fundador da revista Playboy.

Comentarios