O pontevedrés Isaac Xubín gaña o V Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía

'A cadencia da fractura'’ é o título do poemario que se impuxo aos outros 26 traballos presentados
Isaac Xubín
photo_camera Isaac Xubín

O escritor pontevedrés Isaac Xubín foi o gañador do V Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, que fallou este mércores o Concello de Fornelos de Montes. "Acaban de chamarme. É unha honra e unha ledicia formar parte do grupo de gañadores do Premio Lueiro Rey de Poesía. Moitas grazas ao xurado. Aizkorak zorroztu!", colgaba nas redes sociais, o autor, fincado en Sheffield (Reino Unido), ao coñecer a noticia. 

A cadencia da fractura’ é o título do poemario de Xubín que se impuxo aos outros 26 traballos presentados, segundo decidiu, por maioría, un xurado formado por Luís Cochón Touriño (presidente), Mario Regueira, Mercedes Queixas Zas, Eli Ríos e Armando Requeixo (vocais) e Carmen Carreiro, presidenta da asociación cultural O Cruceiro da Laxe (secretaria con voz e sen voto). A obra será publicada por Xerais. 

"O xurado destacou no poemario a suxestiva proposta para reinterpretar conceptos esenciais como o do corpo, tanto individual coma social, así como o convite que cursa para unha intervención ou mesmo no eido propiamente do poético coma no do real", explica a acta do premio. "Ao tempo, valorou a variedade e procesado de referencias literarias, igual da tradición coma da contemporaneidade, galegas e foráneas".

Comentarios