O PP culpa do "esborralle" do BNG ao seu "desastroso papel" en Lugo

Balseiro, secretario xeral do partido na provincia, advirte de que a baixada de votos "é un castigo dos lucenses"
El diputado el PPdeG José Manuel Balseiro
photo_camera El diputado el PPdeG José Manuel Balseiro

O secretario xeral do Partido Popular de Lugo , José Manuel Balseiro, culpou ao "desastroso papel dos nacionalistas" no goberno bipartito da Deputación do "esborralle electoral do BNG" no 20-D.

Balseiro recordou que nas últimas eleccións, a candidatura liderada polo BNG só conseguiu 7.208 votos, un 3,6% do total, "unha porcentaxe inferior en case un punto á media galega" e "18.932 sufraxios menos" que nos comicios municipais "celebrados hai sete meses".

Desde o seu punto de vista, "o esborralle electoral do BNG é un castigo dos lucenses" polo seu "desastroso papel" na institución provincial. De feito, incidiu en que "os nacionalistas non foron capaces de rendibilizar os oito anos de goberno bipartito na institución provincial e elección tras elección, perden apoios".

Segundo Balseiro, cos resultados cultivados nas eleccións xerais, "hoxe estarían" incluso "fóra da Deputación". 

Comentarios