Orozco reorganiza o seu goberno e adscribe á Alcaldía competencias de servizos xerais

López Orozco habla con la prensa, en una imagen del pasado febrero (Foto: EPL/Pepe Álvez)
photo_camera López Orozco habla con la prensa, en una imagen del pasado febrero (Foto: EPL/Pepe Álvez)

O alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou este venres a reestruturación do seu goberno pola marcha do concelleiro de servizos xerais, Francisco Fraga, e adscribe á Alcaldía esta área. A medida adóptaa ante a decisión do novo edil, o socialista Manuel Núñez, de renunciar a unha dedicación exclusiva.

Orozco nomea ademais á actual xefa de persoal, Marta López, coordinadora na Alcaldía.

A reorganización tamén implica a redistribución dalgunhas competencias a outras concellarías, de tal forma que mercados irá a economía e arquivo, a urbanismo.

Comentarios