viernes. 26.02.2021 |
El tiempo
viernes. 26.02.2021
El tiempo

Panorama e Tekila poñen o broche de ouro ás festas patronais de Cantodarea

Panorama apostará por la puesta en escena del espectáculo ‘Dream Tour 2017’
Panorama apostará por la puesta en escena del espectáculo ‘Dream Tour 2017’
A Brilat participará na misa en honra a San Xosé (19.00 horas) ►A verbena nocturna, fixada para as 21.00 horas

A parroquia marinense de San Xosé Obreiro de Cantodarea celebra este luns o día grande das súas festas patronais, e farao ao grande, xa que non faltarán a misa solemne e procesión en honra ao patrón, pero tampouco a presenza da espectacular Orquestra Panorama e do Grupo Tekila de Asturias para pór o broche de ouro aos festexos pola noite.

A xornada comezó ás 10.00 horas cos pasarrúas a cargo das agrupacións Airiños de San Xulián, Anxuíña, Os Chaneiros, Trompos ós pés, Pousos de Area e a Banda de Música do Ateneo Santa Cecilia. A misa solemne en honra a San Xosé tivo lugar ás 12.00 horas, mentres que a procesión partirá da igrexa parroquial ás 19.00, acompañada da Banda de Guerra da Brilat, como xa é tradición. A verbena nocturna está prevista para as 21.00 horas e contarase coa posta en escena do espectáculo ‘Dreams Tour 2017’ de Orquéstraa Panorama e coa actuación dun dos grupos máis destacados de Asturias, Tekila.

Logo dun espectacular inicio da xira e de pasar por varios puntos de Asturias, Galicia, O Bierzo e Valladolid, todo o despregamento de medios técnicos de última xeración e, sobre todo, o equipo artístico de primeiro nivel co que conta Panorama estará este luns con máis forza que nunca para ofrecer un novo concerto en Marín.

Panorama e Tekila poñen o broche de ouro ás festas patronais de...
comentarios
ç