París de Noia abrirá este venres as Festas de Santa Ifigenia en Bueu

A verbena dos barrios de Banda do Río e A Carrasqueira tamén contará coa presenza da orquestra Pontevedra
La Orquesta París de Noia en una actuación anterior
photo_camera La Orquesta París de Noia en una actuación anterior

Unha verbena amenizada polas orquestras Pontevedra e París de Noia, no recinto de festas de Banda do Río, dará comezo este venres ás tradicionais Festas de Santa Ifigenia, dos barrios budetenses de Banda do Río e A Carrasqueira. A celebración, que conta con diversas actuacións musicais e actos relixiosos, está organizada por un grupo de veciños que leva varios meses traballando para o goce do municipio. 

Este sábado pola tarde, a Banda de Música Artística de Bueu fará un pasarrúas e ofrecerá un concerto ao redor das 18.30 horas, mentres que a xornada pecharase cunha verbena amenizada polas orquestas Caramelo e Midas. 

O domingo, día grande das festas, comezará cuns novo pasarrúas da Banda de Música Artística de Bueu, que tamén participará na procesión e ofrecerá un concerto ás 18.30 horas no mesmo escenario da xornada anterior. A misa solemne en honra a Santa Ifigenia terá lugar a partir das 13.00 horas no exterior da capela do Pazo de Santa Cruz. Pola noite, a programación finalizará coa actuación das orquestas Televisión e a Oca Band, que alargarán as súas actuacións ata a madrugada, como adoita ser habitual. 

Dentro do programa relixioso, cabe destacar que este sábado pola tarde (18.00 horas) haberá unha misa en Santa Cruz en honra a Santa Ifigenia, que se repetirá o domingo ás 11.00.

Comentarios